DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de maio de 2026, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 200040 e tres máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura da Área do Instituto Galego da Vivenda e Solo e pola Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo (sorteo VPP Trabada. Expte. 5882).

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 11 de maio de 2026

Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

200040

Y9123536W

Trámite de audiencia sorteo VPP Trabada

207127

23815683B

Trámite de audiencia sorteo VPP Trabada

122494

Z0693297J

Trámite de audiencia sorteo VPP Trabada

116917

33855698C

Trámite de audiencia sorteo VPP Trabada