DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31103

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026 pola que se aceptan unhas renuncias á condición de funcionario/a de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, especialidade bombeiro/a forestal.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entre outras a especialidade de bombeiro forestal, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro de 2022).

Por outra banda, o 19 de xaneiro de 2026 publícase a Resolución do 16 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, das persoas aspirantes que superaron diversos procesos selectivos.

Entre os aspirantes propostos, están:

– Jorge da Silva Diz, DNI ***6615**, que con data do 22 de xaneiro de 2026 toma posesión no posto denominado «bombeiro/a forestal», código MR.C99.50.182.36530.050, na comarca forestal Baixo Miño en Pontevedra, pertencente á Consellería do Medio Rural.

– Luciano López González, DNI ***1392**, que con data do 20 de xaneiro de 2026 toma posesión no posto denominado «bombeiro/a forestal», código MR.C99.50.191.36590.047, na comarca forestal Caldas-O Salnés en Pontevedra, pertencente á Consellería do Medio Rural.

– Jonathan Vigara Méndez, DNI ***7712**, que con data do 21 de xaneiro de 2026 toma posesión no posto denominado «bombeiro/a forestal», código MR.C99.50.182.36530.081, na comarca forestal Baixo Miño en Pontevedra, pertencente á Consellería do Medio Rural.

– Jorge da Silva Diz, con data do 20 de abril de 2026, solicita a renuncia á condición de funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal.

– Luciano López González, con data do 13 de abril de 2026, solicita a renuncia á condición de funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal.

– Jonathan Vigara Méndez, con data do 20 de abril de 2026, solicita a renuncia á condición de funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal.

O artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle como unha das causas da perda da condición de persoal funcionario de carreira a renuncia, que será aceptada sempre que o funcionario o manifeste por escrito e esta non estea suxeita a expediente disciplinario ou sexa ditado na súa contra auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral pola comisión dalgún delito, polo tanto,

DISPOÑO:

Aceptar as renuncias á súa condición de funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal de Jorge da Silva Diz, Luciano López González e Jonathan Vigara Méndez.

Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase impugnar potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal