Mediante a Resolución do deputado delegado de persoal, do 28 de abril de 2026, nº 2026003301, apróbase a ampliación da oferta de emprego público do ano 2026 que comprende o número total de prazas de persoal funcionario de carreira que a seguir se detallan:
Prazas de persoal funcionario pola quenda de promoción interna:
|
Gr |
Denominación |
Clasificación |
Nº |
Sistema de acceso |
Observacións |
|
C2 |
Oficial/a de infraestruturas e servizos |
Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios |
4 |
Concurso-oposición |
|
|
C2 |
Oficial/a xardineiro/a |
Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios |
1 |
Concurso-oposición |
|
|
5 |
|||||
As ditas prazas serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) coas súas correspondentes bases e programas, e mediante extracto das ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 5 de maio de 2026
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral
