DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 24-25-26 do polígono industrial do Vidreiro-Campolongo; promotora Breanca Inversiones, S.L. (expediente 2024/U035/000001).

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle das parcelas 24+25+26 no parque empresarial O Vidreiro-Campolongo; promotora Breanca Inversiones, S.L., asinado dixitalmente o día 17 de abril de 2026 polo arquitecto colexiado COAG núm. 2.086, Eusebio Chao Carreiras, e con data de rexistro de entrada no Concello do 17 de abril de 2026 (núm. 202699900001005).

– Proceder á publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes desde a súa adopción.

A documentación íntegra aprobada definitivamente poderá consultarse de xeito presencial nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Pontedeume, situadas na avenida de Ricardo Sánchez, 6 (Edificio Foremdes), e de forma dixital na páxina web deste concello «https://www.pontedeume.gal» na epígrafe «Planeamento urbanístico».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso, sen prexuízo de que se pioda interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Pontedeume, 30 de abril de 2026

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde