DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31577

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

José Benito Nogueira Cancelas, con DNI ***9621**, en calidade de presidente da Comunidade de Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas, de conformidade co establecido nos estatutos sociais convoca os usuarios a unha xunta xeral ordinaria, que terá lugar o sábado día 30 de maio de 2026 ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, no local da casa de xubilados de Sta. Cristina de Cobres.

Lémbrase que no caso de non poder asistir persoalmente, poderán delegar o seu voto por escrito noutra persoa.

Orde do día

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2º. Resolución e estado da concesión de augas.

3º. Informe sobre o estado das subvencións.

4º. Estado de contas.

5º. Toma de posesión dos membros da nova Xunta Directiva.

6º. Rogos e preguntas.

Santa Cristina de Cobres-Vilaboa , 7 de maio de 2026

José Benito Nogueira Cancelas
Presidente da Comunidade de Usuarios
Traída de Augas Cabadas Abertas