DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31306

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social e Igualdade durante o primeiro cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2026

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

da Consellería

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

Colaboración para a realización das prácticas académicas externas tanto curriculares como extracurriculares do estudantado da Universidade de Vigo nos centros, órganos e/ou unidades da Consellería.

6.2.2026

Sen custo

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (Inclusión PEF).

Modificación do convenio de colaboración asinado o 5 de abril de 2018 coa inclusión dos puntos de encontro familiar de titularidade da Xunta de Galicia para a realización das prácticas académicas externas.

27.2.2026

Sen custo

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.

Colaboración para a realización das prácticas académicas externas tanto curriculares como extracurriculares do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela nos centros, órganos e/ou unidades da Consellería.

27.3.2026

Sen custo

Proxecto de convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade da Coruña.

Colaboración para a realización das prácticas académicas externas tanto curriculares como extracurriculares do estudantado da Universidade da Coruña nos centros, órganos e/ou unidades da Consellería.

9.4.2026

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, mediante a concesión directa dunha subvención para a realización, por parte da Federación Gallega de Banco de Alimentos, dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, legalmente constituídas con esa finalidade, que actúen no territorio galego, incluíndo tamén a adquisición dos alimentos cando a captación resulte insuficiente, o que, en último termo, fai posible que as persoas en risco de exclusión social poidan satisfacer as súas necesidades alimenticias básicas.

27.3.2026

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade mediante a concesión directa dunha subvención para a realización por parte da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia) dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

6.4.2026

112.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade mediante a concesión directa dunha subvención para a realización, por parte da Fundación Monte do Gozo, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo. A colaboración céntrase no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven no programa e no dispositivo para persoas diagnosticadas con patoloxía dual que a Fundación Monte do Gozo posúe en Vigo.

6.4.2026

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a adquisición de dous vehículos adaptados que faciliten o acceso a servizos especializados ás persoas con discapacidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados da adquisición de dúas furgonetas adaptadas que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas con discapacidade e garantir o acceso a servizos especializados ás ditas persoas para promover a súa participación social en todos os ámbitos da sociedade a través da mellora da súa autonomía persoal.

13.1.2026

88.006,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros para a construción dunha residencia para persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados da construción dunha residencia para persoas con discapacidade, no Cruceiro de Roo, Outes.

23.1.2026

2.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Autismo de Galicia, para o equipamento do centro de atención residencial con atención diúrna para persoas con autismo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados do equipamento do centro de atención residencial con atención diúrna terapéutica para persoas con trastornos do espectro autista no concello de Friol.

23.1.2026

600.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Autismo Bata para a creación dun centro de día para persoas con autismo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados da execución da reforma integral dun espazo físico para a creación dun centro de día destinado a persoas con autismo, garantindo a súa accesibilidade física e cognitiva, co fin de transformalo nun espazo de benestar, autonomía e participación activa no contorno comunitario.

20.2.2026

119.963,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Atención Temperá, para contribuír ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias, para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para un programa de intervención en atención temperá da Asociación Galega de Atención Temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias no ano 2026.

10.3.2026

735.926,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Parapléjicos y Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares e/ou grandes discapacitados residentes en Galicia e ás súas familias e o mantemento da entidade para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para o mantemento da entidade e das actividades que comporta o programa que Aspaym ten previsto desenvolver durante o ano 2026 dirixido a persoas con lesión medular e/ou grandes discapacidades residentes en Galicia e ás súas familias.

10.3.2026

55.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para o mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas, así como dos programas que Cogami ten previsto desenvolver durante o ano 2026, de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias.

27.3.2026

1.069.797,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade a e a Federación Autismo Galicia, para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e das súas familias en Galicia e para o mantemento da Federación e das entidades federadas para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para o mantemento da Federación Autismo Galicia e das entidades federadas, así como das actuacións que conforman a programación que ten previsto desenvolver a Federación durante o ano 2026, orientadas á atención das persoas con TEA e das súas familias en Galicia.

27.3.2026

175.331,00 €

Convenio de colaboración entre a consellería de Política Social e Igualdade e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para os gastos de persoal e gastos correntes de Saúde Mental Feafes Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2026, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución das actuacións que conforman os programas de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia que Saúde Mental Feafes Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2026.

27.3.2026

665.430,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO) relativo á realización de prácticas formativas non laborais nos centros da Consellería de Política Social e Igualdade na provincia de Ourense, durante o ano 2026.

Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense para que persoas usuarias da asociación que acadaron as competencias laborais no marco do programa de aprendizaxe e inclusión laboral realicen prácticas formativas non laborais no ano 2026 en centros da consellería.

31.3.2026

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, para o financiamento dun programa de intervención social destinado a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e/ou crónicas e das súas familias e do mantemento da Federación para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para o mantemento da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas e do programa que na área de intervención social ten previsto desenvolver durante o ano 2026 dentro do seu ámbito de actuación e de acordo co seu proxecto de atención integral sociosanitaria, destinado a mellorar a integración sociolaboral, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e/ou crónicas e das súas familias.

1.4.2026

33.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Dano Cerebral, para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da Federación e das entidades federadas para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para os gastos de persoal e gastos correntes da Federación Galega de Dano Cerebral e das súas entidades federadas para o exercicio 2026, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución dos programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias que a entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2026.

8.4.2026

239.187,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para a posta en marcha dun proxecto piloto de innovación no ámbito dos servizos sociais a través dun servizo de coidados intermedios para a permanencia na comunidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados da posta en marcha por Cogami dun proxecto piloto de innovación no ámbito dos servizos sociais, orientado ao deseño, desenvolvemento e validación dun servizo de coidados intermedios para a permanencia na comunidade, dirixido a persoas con discapacidade que precisan apoios intensivos e temporais para avanzar nos seus proxectos vitais e evitar procesos de institucionalización non desexados.

14.4.2026

850.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral, para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e do mantemento da entidade para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención ao mantemento da Federación Gallega de Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral e das súas entidades asociadas así como das actuacións que conforman o programa que a Federación ten previsto desenvolver durante o ano 2026 dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e das súas familias desde unha perspectiva global, integral e normalizadora.

14.4.2026

96.122,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación e das súas entidades federadas para o exercicio 2026.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención para o mantemento da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e das súas entidades federadas, e dos servizos especializados que esta entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2026 dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

14.4.2026

909.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento do programa Aliadas Sororas de accións de sensibilización, concienciación e formación, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención a Fademur para fomentar a realización de actividades de sensibilización fronte á violencia de xénero: actividades formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas e de sensibilización englobadas no programa Aliadas Sororas de accións de sensibilización, concienciación e formación no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

21.4.2026

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo), para o desenvolvemento de actuacións de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero incluídas no proxecto Mulleres en Construción 5.0.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención a Femupo para a realización de actuacións de sensibilización fronte á violencia de xénero: actuacións formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas e de sensibilización no proxecto Mulleres en construción 5.0 da entidade.

21.4.2026

20.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun centro de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero, así como as súas fillas e fillos menores en Ourense, da entidade.

21.4.2026

312.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

21.4.2026

50.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

21.4.2026

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento do proxecto Fíos Violetas: Prevención e Sensibilización Fronte á Violencia de Xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención a Femuro para a realización no ano 2026 do proxecto Fíos Violetas: Prevención e Sensibilización Fronte á Violencia de Xénero, da entidade.

22.4.2026

20.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Saúde Mental A Mariña para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Asociación Saúde Mental A Mariña para o funcionamento e mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero da entidade, que ten como finalidade proporcionar apoio, aloxamento, manutención e atención integral.

21.4.2026

167.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo Afammer Lugo para o desenvolvemento de actuacións de formación e sensibilización sobre a violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa á Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo Afammer Lugo dunha subvención para a realización dun programa de actividades de sensibilización fronte á violencia de xénero: actividades formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas e de sensibilización, da entidade.

22.4.2026

20.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo para a rehabilitación dun inmoble destinado a centro de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Fundación Monte do Gozo para a realización de obras de reforma e rehabilitación dun inmoble, para destinalo a centro de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción.

28.4.2026

960.023,79 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo para o desenvolvemento dun proxecto de actividades de prevención da violencia de xénero e atención ás súas vítimas.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo para o desenvolvemento do proxecto da entidade de atención de mulleres inmersas en procesos de violencia de xénero, a través de cinco eixes de intervención: acompañamento social, concienciación e prevención, formación, recuperación psicosocial e reincorporación laboral.

29.4.2026

25.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

29.4.2026

50.0000,00 €