Martín Lago, S.L.U. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Martín Lago, S.L.U.
Expediente: DH.W36.114523.
Lugar/parroquia: rúa Concepción Arenal, 4-5.
Concello: Cangas.
Descrición das obras:
As obras proxectadas executaríanse nas parcelas con referencias catastrais e 8893736NG1789S, 8893737NG1789S na rúa Concepción Arenal, 4 e 5, de Cangas, e consistirían na construción dun edificio de vivendas, garaxe e rochos.
O edificio, que contará con 6 plantas sobre a rasante do terreo e 2 plantas de soto baixo rasante, terá 34 vivendas, 14 apartamentos turísticos, 2 piscinas, 34 rochos, 76 prazas de garaxe para automóbiles e 8 prazas para motocicletas. Terá unha altura de 18,5 m sobre o terreo sen contabilizar os elementos previstos na cuberta e 6,32 m baixo a cota do terreo.
O muro do edificio máis próximo ao leito do rego que linda coa parcela (con IDcurso: 950140075952) prevese a unha distancia mínima de 5 m deste.
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para o xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte á data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cangas ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 4 de maio de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
