Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2026
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe achegado pola AXI (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Carballo para a humanización dun treito urbano da AC-552 avenida de Fisterra |
15.1.2026 |
1.429.850,77 |
|
Convenio entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento e a execución da urbanización da PS-01 e dun aparcadoiro subterráneo, dentro do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, nos terreos da antiga ETEA |
4.3.2026 |
10.546.428,67 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lugo para a reurbanización da rúa Serra de Meira |
27.3.2026 |
1.104.370,69 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Grove para a humanización dun treito urbano da PO-316, rúa Luis A. Mestre |
6.4.2026 |
1.700.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Fonsagrada para arranxar a estrada LU-730 desde o p.q. 0+000 á intersección coa estrada LU-530 |
16.4.2026 |
189.098,26 |
