DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación porcina de ceba situada en Vilareda, San Pedro de Vilareda, concello de Palas de Rei (Lugo) (expediente 2025-IPPC-I-39).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da explotación porcina de ceba situada en Vilareda, San Pedro de Vilareda, concello de Palas de Rei (Lugo), presentada por SAT Castrelo nº 1220 XUGA, co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Categoría principal da actividade: 9.3.b) (Instalacións destinadas á cría intensiva de aves de curral ou de porcos que dispoñan máis de 2.500 prazas para porcos de ceba de mais de 20 kg).

Titular: SAT Castrelo nº 1220 XUGA.

NIF: V27288588.

Domicilio social: lugar de Vilareda, parroquia de San Pedro de Vilareda, concello de Palas de Rei (Lugo).

Enderezo da instalación: lugar de Vilareda, parroquia de San Pedro de Vilareda, concello de Palas de Rei (Lugo).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: incremento da capacidade da explotación ata un total de 4.547 prazas, mediante a construción dunha nova nave e unha fosa exterior de xurro. Actualmente a explotación conta con 3 naves e 4 fosas de almacenamento exterior de xurro.

Verteduras: as augas residuais procedentes da limpeza das naves e as augas residuais xeradas no aseos e vestiarios son recollidas nas fosas de almacenamento xunto co xurro producido, para ser xestionadas posteriormente co dito xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Control esterco: o esterco xerado será recollido por un xestor autorizado.