DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/154-1), e unha resolución de emenda de erro material na antedita resolución.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo as seguintes resolucións:

• Resolución do 16 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/154-1).

• Resolución do 30 de marzo de 2026, de emenda de erro material en resolución do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/154-1).

As citadas resolucións corresponden ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Borreiros, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/154-1).

O texto íntegro das resolucións que agora se anuncian está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 13 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Modificado 1. LMT, CT e RBT Borreiros. Concello de Abegondo

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Afectación de solo en pleno dominio

Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Penedo

Ref. catastral:

Polígono: 508

Parcela: 657

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

José Manuel Gómez Gómez

97- 48 e 1 (PAS)

4,0

31,0

468,0

2

O Petón

Ref. catastral:

Polígono: 508

Parcela: 643

Labor ou labradío secaño

Descoñecido/a

Centro de transformación e acceso

26,19

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.