Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta «preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamentoterritorial, do 8 de abril de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica da LMT, CT e RBT Campiña, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/311-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 14 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Oza Cesuras
|
Nº parcela |
Lugar de referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
3 |
Tarreo da Porta 15064B509011160000Y |
Rústico Agrario Prados ou pradarías |
Manuel Sánchez Bermúdez |
2 |
2,0 |
6,4 |
134,0 |
||
|
4 |
Chousa da Roda 15064B509010830000YR |
Rústico Agrario Prados ou pradarías |
Hrdos. de Isaura Martín Seoane |
119,98 |
1.918,0 |
||||
|
5 |
Chousa da Roda 15064B509010850000YX |
Rústico Agrario Prados ou pradarías |
Encarnación Bermúdez Díaz |
3 |
2,0 |
48,74 |
933,0 |
||
|
6 |
Chousa de Arriba 15064B509010860000YI |
Rústico Agrario Eucaliptus |
Manuel Sánchez Bermúdez |
36,78 |
1.189,0 |
||||
|
8 |
Revolta 15064B509007240000YE |
Rústico Agrario Matogueira |
Manuel Gutiérrez García |
0,0 |
511,0 |
||||
