DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31804

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Río das Cabras

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

Convócanse todos/as comuneiros/as da Traída de Augas Río das Cabras á xunta xeral ordinaria, que terá lugar o día 21 de xuño de 2026, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 en segunda convocatoria, no auditorio do Centro Cultural de Trasmaño, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Informe de actividade do último ano.
  3. Estado de contas.
  4. Cotas do ano 2025.
  5. Valoración e aprobación de orzamento que se destinará para o local social.
  6. Valoración e aprobación da cota extraordinaria que se aplicará.
  7. Valoración e aprobación da cota anual e enganche de novos/as usuarios/as.
  8. Renovación da Xunta de Goberno.
  9. Autorizar a solicitude de subvencións.
  10. Renovación da concesión.
  11. Altas e baixas de novos/as comuneiros/as.
  12. Morosos/as.
  13. Rogos e preguntas.

Trasmaño-Cabanas, 21 de maio de 2026

Tomás Alonso Viéitez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas Río das Cabras