DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 12 de maio de 2026 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de reintegro da subvención co número de expediente 15/2025/0375.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do 5 de marzo de 2026, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo postal certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

15/2025/0375

76716500T

Resolución do procedemento de reintegro