DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 32032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencente á escala de saúde pública e administración sanitaria e subescala de atención especializada, clase de ATS/DUE básicos.

A Orde do 1 de decembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022.

Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse entre o 3.12.2025 e o 30.12.2025.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso aos graos I, II ou III polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder aos graos extraordinarios I, II e III do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario, por non cumpriren os requisitos establecidos na Orde do 1 de decembro de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do sistema transitorio de progresión de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

O conselleiro de Sanidade
P.D. (Orde do 22.4.2020; DOG núm. 82, do 29 de abril)
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Causa

Observación 

Normativa

1

Persoal que xa obtivo un grao na convocatoria da Orde do 29.12.2023

Artigo 3.6

2

Non presta servizos como persoal funcionario nesta Administración a 31.12.2024

Artigo 11.1.a), artigo 14.1.a), artigo 17.1.a)

3

Solicitude fóra de prazo

Artigo 8

4

Non ten recoñecido o grao anterior no subgrupo en que solicita este grao

Artigo 14.1.b), artigo 17.1.b)

5

Xa ten presentada unha solicitude nesta convocatoria

Artigo 8

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Grao

Subgrupo

Causa

1

***3105**

Pastur

García

María Begoña

3

A1

2, 4

2

***3956**

Mata

Freire

María del Pilar

3

A1

1

3

***3130**

Cendón

Alonso

Teresa

3

A1

3

4

***7119**

López

González

María Elena

2

A1

1

5

***3559**

Altaba

Vázquez

Nuria

2

A2

1

6

***4804**

Paz

Mazoy

Beatriz

2

A2

1

7

***6972**

Guillén

García

Manuela

2

A1

1

8

***5472**

Garabal

Sánchez

José Ignacio

2

A1

1

9

***4666**

Álvarez de

Lis

Teresa de Jesús

2

A1

1

10

***2491**

Fernández

Soto

Alba

2

A1

1

11

***7670**

Rivas

Rodríguez

Josefina

2

AP

1

12

***9308**

Castro

Domínguez

Nuria

3

AP

1

13

***4409**

Ares

Rico

Ramón

3

A1

5