DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 32048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de maio de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en segundas adxudicacións, vacantes no concello de Ferrol, iniciado pola Resolución do 12 de decembro de 2022.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en segundas adxudicacións, vacantes no concello de Ferrol, iniciado pola Resolución do 12 de decembro de 2022.

O acto foi adoptado polo secretario da Comisión Provincial de Vivenda, do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de maio de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

74669

32678229J

Trámite de audiencia

83159

76620831B

Trámite de audiencia

89252

32725473S

Trámite de audiencia

93134

51272096J

Trámite de audiencia

93967

32635624G

Trámite de audiencia

94062

32738478W

Trámite de audiencia

95858

32632025Q

Trámite de audiencia

98775

32961488G

Trámite de audiencia

104216

32690081C

Trámite de audiencia