En virtude do establecido no artigo 12 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xuño de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, José Antonio Álvarez Vidal como presidente da entidade pública empresarial Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, un de xuño de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
