DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 32052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo Cotobade

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir varias prazas correspondentes ás ofertas de emprego público de 2025 e 2026.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 87, do 11 de maio de 2026, publicáronse as bases e a convocatoria para cubrir os seguintes postos: limpador/a, dúas prazas de persoal funcionario e unha praza de persoal laboral, e unha praza de oficial electricista, persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cerdedo Cotobade, 11 de maio de 2026

Jorge Cubela López
Alcalde