Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítase a persoa titular do predio relacionado no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Substitución do apoio núm. D35-2 na LMTA CAS805, situada no concello de Castrelo de Miño.
A persoa titular ou os seu representante deberá comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terá que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que a acredite como titular do predio afectado e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lle ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 15 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/79-3.
Instalación: Substitución do apoio núm. D35-2 na LMTA CAS805.
Concello: Castrelo de Miño.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito |
|
1 |
Rodal 3000 |
32023A063030000000HM |
Descoñecido/a |
11 de maio de 2026 |
