DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de maio de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común monte Ceo e Cotos, no concello de Melón.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) monte Ceo e Cotos, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) As Mestas, no concello de Melón, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O día 16.7.2025, a CMVMC As Mestas (Melón) presentou unha solicitude, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (rexel 2025/2019400), de revisión de esbozo do monte veciñal da súa titularidade, monte Ceo e Cotos.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 24.3.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 10 de novembro de 2025 en relación coa citada solicitude. A revisión de esbozo solicitada afecta o perímetro do monte con propiedades particulares.

A superficie resultante é de aproximadamente 100,60 ha; con respecto á superficie clasificada supón un incremento dun 8,2 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándoos e completándoos con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 10 de novembro de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 28 de abril de 2026:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC monte Ceo e Cotos, pertencente á CMVMC As Mestas, no concello de Melón.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 14 de maio de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file