DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 169-A.

Mediante este anuncio faise público que, por Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo do 6 de maio de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 169-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 27,22 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: María del Carmen Núñez García (***3041**) e María Luz Núñez García (***5244**).

Novos titulares: Concepción Núñez Lorenzo (***3281**) e Joaquín Eduardo Lastra Gamarra (***2793**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas das anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 7 de maio de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo