A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Tribunal de Instancia Sección Contencioso-Administrativo praza nº 1 de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 118/2026, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría de bombeiro forestal condutor de motobomba (033) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido tribunal no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
