DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 18 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica un expediente sancionador por infraccións de persoas traballadoras ou asimiladas non perceptoras de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando a súa eficacia supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa traballadora ou asimilada, non perceptora de prestacións por desemprego, que se sinala no anexo a comunicación de inicio ou resolución do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselle un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando a documentación que considere oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa, podendo interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, consoante o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, ante o xulgado do social competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer, debidamente acreditada, na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de maio de 2026

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Concello

32710729Z

32710729Z/31-03-2026/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Cariño