DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas pola quenda de acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 82, do 5 de maio de 2026, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de abril de 2026, cunhas correccións de erros publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 86 e 87, do 11 e 12 de maio de 2026, relativas á convocatoria para a cobertura das seguintes prazas pola quenda libre mediante o sistema de oposición do Concello de Santiago de Compostela:

– Bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de tres (3) prazas de persoal funcionario de carreira, bombeiro/a condutor/a, da escala de Administración especial (subgrupo C2).

– Bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de nove (9) prazas de persoal funcionario de carreira, bombeiro/a condutor/a especialista, da escala de Administración especial (subgrupo C1).

O prazo de presentación será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases faranse públicos na forma prevista nestas.

Santiago de Compostela, de 12 de maio de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro-delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local