DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos ou que rexeitaron a notificación do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa, se ignora o lugar de notificación ou esta foi rexeitada, as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas, nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

RESOLVE:

Primeiro. Requirir as persoas titulares dos predios relacionados para que procedan na súa obriga de xestionar a biomasa vexetal por comprobar na acta de inspección de referencia que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, polo que se debe efectuar a xestión da biomasa no prazo de 15 días naturais desde a publicación deste decreto no BOE, e proceder á corta de eucaliptos, piñeiros, acacias e outras especies incluídas no anexo I da Lei 3/2007, así como a limpeza da maleza nos terreos da súa propiedade de Salceda de Caselas, que se relacionan a seguir:

Exp.

Data da acta de comprobación

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Localización

Titular

2204/2025

22.9.2025

36049A002007330000KZ

2

733

Fraga

Nogueiras Fernández Jesús

2204/2025

22.9.2025

36049A002007360000KW

2

736

Fraga

Domínguez Nogueiras Antonio

2834/2025

12.12.2025

36049A034006370000KU

34

637

Torrón

En investigación

2841/2025

16.12.2025

36049A025003640000KZ

25

364

Becerreira

Gómez Alonso Camilo

2841/2025

16.12.2025

36049A025003610000KJ

25

361

Becerreira

Lago Rodríguez José (herdeiros de)

2846/2025

12.12.2025

36049A016001470000KI

16

147

Laxe

Sanjuan Fontán Antonio

2846/2025

12.12.2025

36049A016001490000KE

16

149

Laxe

En investigación

2846/2025

12.12.2025

36049A016005920000KK

16

592

Laxe

En investigación

2846/2025

12.12.2025

36049A016001560000KH

16

156

Laxe

En investigación

Segundo. Requirir a persoa denunciada que unha vez limpa a parcela deberá dar conta ao Concello de Salceda de Caselas, co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.

Terceiro. Faise constar que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Cuarto. Advírtese que no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Exp.

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Custo do tratamento

Liquidación provisional

2204/2025

36049A002007330000KZ

0,0145

3.545,82 €

51,41 €

2204/2025

36049A002007360000KW

0,0190

3.545,82 €

67,37 €

2834/2025

36049A034006370000KU

0,0160

1.688,89 €

27,02 €

2841/2025

36049A025003640000KZ

0,0058

3.545,82 €

20,57 €

2841/2025

36049A025003610000KJ

0,0600

3.545,82 €

212,75 €

2846/2025

36049A016001470000KI

0,3871

3.545,82 €

1.372,59 €

2846/2025

36049A016001490000KE

0,0235

3.545,82 €

83,33 €

2846/2025

36049A016005920000KK

0,0533

3.545,82 €

188,99 €

2846/2025

36049A016001560000KH

0,0289

3.545,82 €

102,47 €

Quinto. Advírtese que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Sexto. Advertir, novamente as persoas interesad, que este concello está facultado aspara incoar o correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto neste decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre e cando os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela tal e como establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e normativa complementaria.

Sétimo. Notificar este acordo ás persoas interesadas neste expediente administrativo a través da publicación no BOE e no DOG segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:

a) Recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas;

b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

c) Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese xulgar máis conveniente ao seu dereito.

Salceda de Caselas, 12 de maio de 2026

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa