DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A36.6101 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A36.6101 e once máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A36.6101

76788283T

22.4.2026

DH.A15.11742

33244149H

22.4.2026

DH.A15.12993

32243448R

22.4.2026

DH.A36.6384

33167985F

22.4.2026

DH.A15.10521

Comunidade de Usuarios «Traída do Piro»

22.4.2026

DH.A36.2133

35126816C

22.4.2026

DH.A36.07000

B36030905

22.4.2026

DH.A36.08179

Comunidade de Regantes Lago de Lapamán

22.4.2026

DH.A15.13698

33132008W

22.4.2026

DH.A15.19634

76458982B

22.4.2026

DH.A36.10967

Comunidade de Usuarios de Basilio

22.4.2026

DH.A36.07821

Comunidade de Usuarios Monte Vidal

22.4.2026