De conformidade coas propostas elevadas polas Comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 2 de xaneiro de 2026 (BOE do 12 de xaneiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 26 de mayo de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Código: TU2501-T08-398-TU-TC-01.
Corpo: profesor/a titular de universidade.
Área de coñecemento: A0398 Física da Terra.
Departamento: D00T08 Física Aplicada.
Centro de traballo: 310 Facultade de Ciencias do Mar.
DNI: ***0823**.
Nome e apelidos: Noela Belén Sánchez Carnero.
