DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 15 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2026/1068-3 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79 1º, Ourense) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30,00 a 300,00 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 15 de maio de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2026/1068-3

Y0346820V

PR204A 2026/1386-3

45160963A

PR204A 2026/1447-3

34970205Q

PR204A 2025/1467-3

Y6540719Q

PR204A 2025/1511-3

10080960Z

PR204A 2025/1587-3

76714522T

PR204A 2025/1598-3

34962942K

PR204B 2026/1608-3

B94179694

PR204A 2025/1649-3

34977863S

PR204A 2025/1693-3

30637656T

PR204A 2026/1780-3

44426644M

PR204A 2025/2016-3

36086864W