A representación da titularidade do centro privado CFP Cesuga, da Coruña, solicita a modificación da autorización para cambiar a súa denominación específica, de «CFP Cesuga» a «EF Feáns», a supresión das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia, e autorización para impartir o CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro por cambio da súa denominación específica, suprimir as ensinanzas do CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas Multimedia, e autorizar o CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Nova denominación específica: EF Feáns.
Código do centro: 15033265.
Domicilio: rúa Obradoiro, 47.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Código postal: 15190.
Provincia: A Coruña.
Titular: Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, S.L.
Composición resultante:
Réxime ordinario, modalidade presencial:
• CS Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Educación Infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Proxectos de Edificación (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que impartirá docencia no centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
