DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650F e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprázanse as ditas persoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro dos requirimentos de documentación e advírteselles que, de non o faceren así, se terán por notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado nos ditos actos, procederá a medida de paralización dos expedientes e, transcorridos tres (3) meses, producirá a caducidade e arquivamento das actuacións efectuadas, de conformidade co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de maio de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650F

Núm. de expediente

Núm. de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/00227-I/18

X1260528J

Requirimento de documentación

15.1.2026

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. de expediente

Núm. de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/002645-X/25

34624153E

Requirimento de documentación

22.9.2025