Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 13 de febreiro de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT CT RBT Petón (Ponteceso), no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2024/323-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 18 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectado. Termo municipal de Ponteceso
|
Núm. de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio núm. |
m2 |
||||
|
1 |
Lg. Petón Ref. catastral: 15069A174013570000LJ |
Rústico, agrario, piñeiral madeireiro |
Florinda Martínez Figueroa |
CT+acceso |
29,2 |
