Mediante este anuncio convócanse todas as persoas usuarias de augas da Comunidade de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos á xunta xeral ordinaria, que terá lugar o 28 de xuño de 2026, ás 9.30 e ás 10.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no Centro Cultural de Peitieiros, convocada pola presidenta, Lucía Misa Domínguez, veciña do lugar de Peroleira, parroquia de San Miguel de Peitieiros, concello de Gondomar (Pontevedra). A orde do día é a seguinte:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Respostas a consultas pendentes da asemblea de 2025.
- Altas e baixas.
- Lectura de contas e aprobación, se procede.
- Autorización á xunta directiva para a solicitude de subvencións.
- Estado da rede, mananciais e capacidade.
- Estado administrativo.
- Resumo anual de actuacións.
- Actuacións en curso, pendentes e planificación estratéxica.
- Obrigas dos comuneiros coa comunidade.
- Rolda aberta de intervencións.
Peroleira, Gondomar, 7 de maio de 2026
Lucía Misa Domínguez
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos
