DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de maio de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización e autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.106976).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización e autorización de obras:

Solicitante: Forestal Naseiro, S.L.

NIF: B27466333.

Expediente: DH.W27.106976.

Lugar: Camiño Real Río Pedroso, 40, Fondón.

Parroquia: Magazos.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións:

Apertura de acceso á propiedade mediante demolición de muro e movemento de terras para a rampla, na parcela con referencia catastral 2928216PJ1322N0002UH, na zona de policía dun rego innominado (ID 950140082409) e doutro rego innominado con identificador 950140081014.

A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 4 de maio de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña