Mediante este anuncio faise público que, por Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo do 8 de maio de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:
– Parque 1:
Identificación e localización: parcela número 168-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 87,90 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 2:
Identificación e localización: parcela número 168-B dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 98,32 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: María Mercedes Ares Arnaiz (***5170**).
Novo titular: José Luis Otero Abelenda (***5636**).
O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 12 de maio de 2026
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
