DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32771

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 28 de maio de 2026, o tribunal nomeado polas resolucións do 29 de abril de 2026 (DOG núm. 84, do 7 de maio) e do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 91, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 28 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026

Claudia Vázquez Almendáriz
Presidenta do tribunal