En sesión que tivo lugar o 25 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo),
ACORDA:
Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base IV.2 da resolución de convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na dita base.
Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: Grupo AP escala 209Q.
Corpo/Categoría: Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais.
Prazas acceso libre: 7.
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1º exercicio |
2º exercicio |
Puntuación final |
|
1 |
***9633** |
López Vázquez, Alberto |
82,82 |
Exento |
82,82 |
|
2 |
***4714** |
Teo Sánchez, Cristina |
75,19 |
Exento |
75,19 |
|
3 |
***5497** |
Villanueva Sánchez, Vitor |
69,84 |
Exento |
69,84 |
|
4 |
***0007** |
Lema Suárez, María Isabel |
64,88 |
Exento |
64,88 |
|
5 |
***9888** |
Fernández Sandino, Nuria |
62,59 |
Exento |
62,59 |
|
6 |
***5521** |
Lence Cascudo, Noelia |
61,83 |
Exento |
61,83 |
|
7 |
***3311** |
Martínez González, Jaime José |
61,06 |
Exento |
61,06 |
