DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do polígono industrial de Balaídos no concello de Vigo (expediente 2026AAE3069).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 18 de maio de 2026 sobre o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do polígono industrial de Balaídos no concello de Vigo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3069).

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade