DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o apercibimento previo á imposición de multas coercitivas do expediente sancionador MON-LU-0107/2024-CFA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de maio de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0107/2024-CFA.

NIF do/da interesado/a: 53303222D.

Acto notificado: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.