DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 32961

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de maio de 2026 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da organización sindical CC.OO. de Galicia,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Pena Varela como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación das organizacións sindicais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar