De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 25 de maio de 2026 do proxecto Plantación de 22 hectáreas de arandeiras en varias leiras na parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche (A Coruña), promovido por Nagrinho, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
