DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimento de documentación en relación co proceso de concentración parcelaria da zona de Perdecanai-Barro II (Barro, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada á notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselle a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE e advírteselle que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no dito prazo, se terá por desistida da súa petición.

Pontevedra, 21 de maio de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Ref. de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

360021520MBD0169_REQ01

76927699J

Requirimento de documentación