A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza núm. 2, de Santiago de Compostela no que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 112/2026, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, consoante o disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido tribunal.
E así se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante o referido tribunal no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
