DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33442

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2026/27.

Co obxecto de actualizar a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2026/27, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Anunciar que a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2026/27, que inclúe algúns aspectos para a súa organización, estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos