De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para efectuar a notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que contra a resolución poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, contados desde o día seguinte á súa notificación, realizada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 14 de maio de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Número de expediente: 2024/177-36.
Persoa interesada: GG791593.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 24 de abril de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.
