DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de autorización de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase a Resolución desta dirección territorial, do 22 de abril de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT SBN702B, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/268-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 22 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Arteixo.

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Leira de Abaixo 15005A100004160000LK

Rústico

Descoñecido/a

37

9.0

3.0

9.0

2

Coriña

15005A100002040001BX

Rústico

Descoñecido/a

40

6.0

3.0

9.0