No Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2026 publicouse o anuncio do 6 de maio polo que se convoca un posto de persoal directivo-xerente para a súa cobertura, segundo a Resolución do 6 de maio pola que se convoca un posto de persoal directivo-xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga), publicada o mesmo día 15 de maio na páxina web da Fundación Cesga.
De acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria, ao non cumprir ningunha das solicitudes rexistradas os requisitos exixidos, e en virtude das atribucións conferidas polos propios estatutos da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar deserto o posto de persoal directivo-xerente da Fundación Cesga (referencia: xerente-26).
Segundo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Presidenta do Padroado da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
