DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33553

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (proba de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de xestión, voluntariado, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 18 de novembro de 2025 (DOG do 1 de decembro e BOE do 12 de xaneiro de 2026) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de xestión, voluntariado, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 5 de febreiro de 2026 (DOG do 13 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida e que non está exenta deste exame para realizar o primeiro exercicio da fase de oposición (proba de lingua galega) o venres 11 de setembro de 2026, ás 10.00 horas, na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal da USC, rúa dos Feáns, s/n, Campus Vida (Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela