De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
Custes da exec. subsidiaria |
|
Orde de execución (exp. 1627-2025) Resolución o. ex. subs. do 13.5.2026 |
36043A030003820000JZ (polígono 30, parcela 382) |
Caritel Ponte Caldelas |
José Troiteiro Pérez |
90,00 € |
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lle posibilita a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
O prazo outorgado será dun mes.
Ponte Caldelas, 18 de maio de 2026
Andrés Díaz Sobral
Alcalde
