De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 28 de maio de 2026, do proxecto de abandono e clausura do dereito mineiro da sección A) Gándara núm. 14, no concello de Lugo, promovido por Amador Vázquez Sánchez.
Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
