DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33888

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2024.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de responsable de Innovación GII BI N2.

As bases da convocatoria e o impreso de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.

Vigo, 4 de xuño de 2026

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo