DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de maio de 2026 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/144/2022-RP1 (procedemento de execución forzosa PO-0428-2025).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 27 de outubro de 2025, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/144/2022-RP1 (procedemento de execución forzosa PO-0428-2025).

Ao non poderse realizar a notificación da resolución á persoa interesada con DNI 36165290K , mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística